Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de xuño de 2020 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/360/2014).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13.12.2019, unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva (PON/360/2014-A1), derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/360/2014, a Manuel Vilar Frieiro e Eva Sartages Medrano como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 13.7.2015, que ordenaba a demolición dunha vivenda unifamiliar no lugar de Axis, Simes, no municipio de Meaño, provincia de Pontevedra, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) dias hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de non admisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

Caso de non exerzan o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística