Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes na Fundación ADCOR, no polígono dos Rosales (expediente 631/2018/284).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de decembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento do Estudo de detalle de ordenación de volumes na Fundación ADCOR. Maio 2020, asinado polo arquitecto José Antonio Martínez Lema e promovido pola Fundación ADCOR.

Segundo. Ordenar a publicación e realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laborable de luns a venres; na sede electrónica do Concello https://sede.coruna.gob.es/; na páxina web de urbanismo do Concello https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamento/planeamento vigente»; ou ben, desde a mesma web, a través do visor «desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 25 de xuño de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3829/2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade