En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de xuño de 2020, co seguinte texto literal:
«Declarar área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello da Coruña o ámbito descontinuo que se relaciona a continuación, formado por dous sub-ámbitos, conforme a delimitación que se indica no plano anexo:
Sub-ámbito 1: améndoa central da Cidade Vella. Delimitado polas rúas Ferrerías, praza das Bárbaras, rúas de Santa María, praza de Santo Domingo e rúa de Santo Domingo, e que inclúe todas as súas rúas interiores.
Sub-ámbito 2: eixe Orzán-Panadeiras. Delimitado polas rúas Orzán (desde a praza de Pontevedra) e a rúa Panadeiras como eixe principal, as súas rúas paralelas Picos, Mariñas, Vista, Boquete de San Andrés e Estreita de San Andrés, e as súas rúas perpendiculares Rexedor Somoza, praza de Cormelana, Perillana, praza Josep Sallier Loup, Pastoriza, travesía de Mariñas, travesía de San Andrés, praza Vista, Alta, Africano, praza do Africano, Pórtico de San Andrés, Sol, Ferrador, Cega e travesía de Cordonería...».
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo