Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña), para ser notificada por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración que a afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a propietaria da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificada por comparecencia dunha resolución pola que se modifica o acordo de concentración da dita zona e que a afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias desde servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de xuño de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

Acto notificado

Zona de concentración

32190415Y

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña),