Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 (praza Maior números 4 e 5) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2020, aprobou inicialmente o estudo de detalle de agregación das parcelas 13-14 do quinteiro 1206 (praza Maior nº 4 e 5) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia (PEPRI), formulado pola mercantil Ninpe 2012, S.L., representada por Juan Carlos Penín Villar e redactado polo arquitecto Gerardo García-Boente Carro.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese á información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197) e presentar as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 16 de xuño de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 19005695)
Miguel Ángel Couto Alonso
Concelleiro delegado de Urbanismo Sostible