Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25915

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación, con carácter temporal, de traballadores/as sociais.

A Resolución da Alcaldía nº 417/2020, do 27 de maio de 2020, aprobou as bases específicas e a convocatoria para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de traballadoras/es sociais no Concello de Teo, mediante o sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 79, do 3 de xuño de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 3 de xuño de 2020

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde