Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25840

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (185/2005).

MMC modificación de medidas suposto contencioso 1323/2017

Procedemento orixe: F02 familia, garda, custodia, alimentos fillo menor non matrimonial non consensuado 185/2005

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada Duvan Haya Salazar.

Cédula de notificación.

No presente procedemento ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva teñen o seguinte teor literal:

«Sentenza.

Ourense, 28 de xaneiro de 2020.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre modificación de medidas definitivas, promovidos por Luz Estela Gutiérrez Tobón, representada pola procuradora Lucía Saco Rodríguez, e asistida pola letrada Celia Raquel González López, contra Duvan Maya Salazar, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido.

Que desestimando a demanda de modificación de medidas interposta pola procuradora Lucía Saco Rodríguez, en nome e representación de Luz Estela Gutiérrez Tobón fronte a Duvan Maya Salazar, absolvo a este das pretensións formuladas na súa contra, e declaro que non procede a modificación de medidas solicitadas.

Todo iso sen expresa imposición de custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra esta procede recurso de apelación que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei de axuizamento civil, se expide o presente edicto para que sirva de notificación en legal forma ao demandado, Duvan Haya Salazar.

Ourense, 12 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza