Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2018/26-1, anexo 1).

Expediente: IN407A 2018/26-1, anexo 1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: anexo 1 do proxecto para LMT, CT e RBT Castro de Xaz.

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O 5 de febreiro de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados, neste caso, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Servizo de Xestión Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e Concello de Oleiros. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos pola Deputación e polo Concello. Hoxe, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, isto é, Augas de Galicia e o Servizo de Xestión Cultural, á solicitude do condicionado solicitado.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión soterrada (actuación número 1) a 15 kV cunha lonxitude de 2,322 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SAD707, no treito entre o CT Santa Cruz Muíño (expediente 2015/340-1) e a derivada ao CT O Telleiro (expediente 51.151), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en empalmes proxectados na LMTS SAD709 no treito entre o CT avenida Venezuela (expediente 146/2000) e o CT Pezoca (expediente 2016/196-1).

– Liña de media tensión soterrada (actuación número 2) a 15 kV cunha lonxitude de 2,015 km, con orixe en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS SAD707 (obxecto do proxecto de recuamento da dita liña ao seu paso pola futura urbanización), no treito entre o CT Castro de Xaz, número 3 e Castro de Xaz, número 7 (ambos recollidos no proxecto do recuamento), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS SAD707 (obxecto do proxecto de recuamento da dita liña ao seu paso pola futura urbanización), no treito entre o CT Castro de Xaz, número 7 (recollido no proxecto do recuamento) e o CT rúa da Xenza (expediente 191/1998).

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 8 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña