Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2020/085-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS e CT Muíños.

Situación: A Lama.

Características técnicas: LMT soterrada en simple e dobre circuíto a 20 kV de 146 e 438 metros de lonxitude respectivamente, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado e final nun segundo paso aéreo subterráneo proxectado. Centro de transformación, con relación a 100 kVA con dúas celas de liña e unha cela de protección. As instalacións están situadas no lugar de Muíños, na parroquia de Gaxate, no concello da Lama (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 4 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2020/085-4. Termo municipal: A Lama (Pontevedra)

Denominación: LMTS e CT Muíños.

Parcela 1:

Titular: herdeiros de Digna Súarez Aldán.

Referencia catastral: 36025A007001480000GL e 36025A007001480001HB.

Lugar: O Cotiño.

Cultivo: Carballeira.

Afección: 2,5 m2 para apoio e 10 m2 para canalización.

Parcela 2:

Titular: María Luisa Maya Villanueva.

Referencia catastral: 36025A004000910000GG.

Lugar: Cortiña.

Cultivo: labor.

Afección: 24 m2 para centro transformación e 25 m2 para servidume de paso.

Parcela 3:

Titular: CMVMC Gaxate.

Referencia catastral: 36025A004000010000GM e 36025A004000010001HQ.

Lugar: Monte.

Cultivo: matogueira.

Afección: 2,5 m2 para apoio e 10 m2 para canalización.