Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25525

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 16 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT143A).

BDNS (Identif.): 512038.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 11 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

( http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Beneficiarias

Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Segundo. Obxecto e finalidade

Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (http://cgac.xunta.gal/).

Cuarto. Contía

Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2020. Con todo, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo