Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de xuño de 2020, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra do itinerario peonil e ciclista na OU-537, treito de parques empresariais (puntos quilométricos 0+000-2+030), e na OU-536, treito A Derrasa (puntos quilométricos 7+180-7+940), no concello do Pereiro de Aguiar (clave OU/16/269.06).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez, 1 (Ourense), e coñecer o contido íntegro deste acto. Unha vez transcorrido ese prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 12 de xuño de 2020

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Predio

Obra

Persoa interesada

Acto notificado

10

Itinerario peonil e ciclista na OU-537, treito de parques empresariais (puntos quilométricos 0+000-2+030), e na OU-536, treito A Derrasa (puntos quilométricos 7+180-7+940), de clave OU/16/269.06

Descoñecida

Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data 2.7.2020 e na hora 10.30.

E convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data 30.7.2020 e na hora 10.30.

11

Descoñecida

14

Descoñecida

18-A

Descoñecida

20-A

Descoñecida

20-B

Descoñecida

20-C

Descoñecida

21-A

Descoñecida

22-A

Descoñecida

29-A

Descoñecida

30-A

Descoñecida

42-A

Descoñecida