Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de xuño de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas pola resolución de expropiación complementaria no expediente de expropiación forzosa para a obra do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-307, tramo Deiro-ponte da Illa de Arousa, punto quilométrico 0+000-1+650 (expediente PO/16/101.06).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo a resolución de expropiación complementaria do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra) e coñeceren o contido íntegro desta resolución. Transcorrido o dito prazo sen efectuaren a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 11 de xuño de 2020

Manuel Angel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

78

36061A02300132

Leiro Oubiña, Luisa (herdeiros de)

84

36061A02300284

Rodríguez Piñeiro Josefina

85

36061A02300285

Grande Mejuto, Benito (herdeiros de)

117

36061A02300410

Leiro Reboeras, Josefina (herdeiros de)

125

36061A02300650

Grande Mejuto, Rosa (herdeiros de)

126

36061A02300651

Descoñecido

146

36061A02301372

Reboeiras Martínez, Josefina