Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/036-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-80 de 1 metro de lonxitude, con orixe no apoio F.L. de celosía proxectado (C-7000-20) retensado van dúplex e final no apoio F.L. de celosía proxectado (C-7000-20) retensado van dúplex. LMT subterránea (actuación 1) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 916 metros de lonxitude, con orixe no entronque LMTS existente na parcela da subestación troncal e final no CT proxectado Fonte das Mozas. LMT subterránea (actuación 2) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 399 metros de lonxitude, con orixe no CT proxectado Fonte das Mozas e final no apoio F.L. de celosía proxectado (C-7000-20). Centro de transformación, con relación 15000/400 V a 250 kVA. As instalacións están situadas nas parroquias de Teis e Lavadores, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 4 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2020/036-4.

Termo municipal: Vigo (Pontevedra).

Denominación: reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas.

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 54057A022005810000AF.

Lugar: Poulo.

Polígono: 22.

Parcela: 581.

Cultivo: monte baixo.

Afección: 16,81 m2 para centro de transformación e 2,39 m2 para servidume de paso.

Parcela 2:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 54057A018001800000AB.

Lugar: Devesa.

Polígono: 18.

Parcela: 180.

Cultivo: monte baixo.

Afección: 4,41 m2 para apoio e 11,58 m2 para servidume de paso.