Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2020/027-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS e cambio a CTC do CTI A Laxe.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 107 metros de lonxitude con orixe no apoio de celosía existente realizando paso aéreo subterráneo e final no CT proxectado. Centro de transformación, con relación 20.000/400 V. As instalacións están situadas na rúa da Canteira-Arealonga, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 4 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente. IN407A 2020/027-4. Termo municipal: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Denominación: LMTS e cambio a CTC do CTI A Laxe.

Parcela 1:

Titulares: Nemesio Martínez Sobrino, Pura Costa González, César José Martínez Costa e María Consuelo Martínez Costa.

Lugar: Arealonga.

Referencia catastral: 0051505NH210550001HX.

Afección: 36,41 m2 de ocupación do pleno dominio para a instalación dun centro de transformación, dos cales 16,81 m2 para superficie ocupada e 19,60 m2 para servidume de paso.