Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2020/012-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: reforma LMTA LOZ803A en Salcedo.

Situación: Pontevedra.

Caracteristicas técnicas: LMT área a 20 kV (actuación 1) con condutor LA-110 de 115 metros de lonxitude, con orixe no poste nº 1 proxectado no treito LOZ803A0118 e final no poste nº 2 proxectado no mesmo treito. LMT área a 20 kV (actuación 2) con condutor LA-110 de 85 metros de lonxitude, con orixe no poste nº 2 proxectado no treito LOZ803A0118 e final no poste nº 28 do mesmo treito. As instalacións están situadas no lugar de Cabanas, na parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2020/012-4.

Termo municipal: Pontevedra.

Denominación: reforma LMTA LOZ803A en Salcedo.

Parcela 1:

Titulares: Rosalía Campos Allende, Carmen Campos Allende e Francisco Campos Allende.

Referencia catastral: 36900A059000810000QM.

Cultivo: agrario.

Lugar: Don Lopo.

Afección: 0,64 m² para superficie ocupada.

Parcela 6:

Titular: herdeiros Manuel Fernández Couso.

Referencia catastral: 9857010NG2995N0001TY.

Cultivo: inculto.

Lugar: Cabanas-Salcedo.

Afección: 1,21 m² para superficie ocupada.

Parcela 8:

Titular: María González Canda.

Referencia catastral: 9857008NG2995N0001FY.

Cultivo: edificado.

Lugar: Cabanas-Salcedo.

Afección: 1,21 m² para superficie ocupada.