Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2020/001-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: reforzo LMTA GON805 de derivación aos CCTT A Lama e Camos 2.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: LMT aérea (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 800 metros de lonxitude con orixe no poste D39-45-A4 existente e final no poste D-39-45-A11-CTA existente. LMT aérea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 34 metros de lonxitude con orixe no poste D39-45-A8 proxectado en substitución do existente e final no poste D-39-45-A8-1 existente. As instalacións están situadas na parroquia de Camos, no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente. IN407A 2020/001-4.

Termo municipal: Nigrán (Pontevedra).

Denominación: reforzo LMTA GON805 de derivación aos CCTT A Lama e Camos 2.

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 54035A032001300000HO.

Polígono: 32.

Parcela: 130.

Lugar: Castillo.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,44 m² para apoio A5.

Parcela 2:

Titular: Manuel Nandín Pérez.

Referencia catastral: 540035A032001160000HY.

Polígono: 32.

Parcela: 116.

Lugar: Castillo.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,69 m² para apoio A6 e 9 m2 para servidume de paso.

Parcela 3:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 54035A03200130000HD.

Polígono: 32.

Parcela: 133.

Lugar: Castillo.

Cultivo: agrario.

Afección: 7,06 m² para servidume de paso.

Parcela 4:

Titular: José Abril Fernández.

Referencia catastral: 54035A03200277000HY.

Polígono: 32.

Parcela: 277.

Lugar: Touza.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,69 m² para apoio A7 e 8,85 m2 para servidume de paso.

Parcela 5:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 54035A032002600000HK.

Polígono: 32.

Parcela: 260.

Lugar: A Lama.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,69 m² para apoio A8 e 16,06 m2 para servidume de paso.

Parcela 6:

Titular: Mercedes Contreras Marcos e María Flor González Contreras.

Referencia catastral: 54035A045000200000HM.

Polígono: 45.

Parcela: 20.

Lugar: Pedrosas.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,69 m² para apoio A9 e 15,50 m2 para servidume de paso.

Parcela 7:

Titular: Gaspar Alvorés Sanromán.

Referencia catastral: 54035A045001240000HJ.

Polígono: 45.

Parcela: 124.

Lugar: As Pedras.

Cultivo: agrario.

Afección: 1,44 m² para apoio A10.