Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2019/240-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204.

Denominación: LMTS GON807 CT Alborés Grande.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: LMT subterránea (actuación 1) a 20 kV, con condutor tipo RHZ de 7 metros de lonxitude, con orixe no PAR nº 2 proxectado sobre canalización existente e final no CT proxectado Alborés Grande. LMT subterránea (actuación 2) a 20 kV, con condutor tipo RHZ de 7 metros de lonxitude, con orixe no CT proxectado Alborés Grande e final no PAR nº 2 proxectado sobre canalización existente. Centro de transformación con relación 20.000/400 V a 400 kVA. As instalacións están situadas en Alborés Grande, no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante ese período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2019/240-4. Término municipal: Nigrán (Pontevedra).

Denominación: LMTS GON807 CT Alborés Grande.

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 54035A002001130000HO.

Polígono: 2.

Parcela: 113.

Paraxe: Alborés Grande.

Cultivo: agrario.

Afección: 16,81 m2 para o CT e 12,58 m2 para servidume de paso.