Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25423

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se anuncia a Resolución CM 7/2020 da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a de unidade de hospitalización de saúde mental.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde de 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 134/2019, de 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios del Sistema público de saúde de Galicia e na Orde do 29 de abril de 2020, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, un posto de supervisor/a de unidade de hospitalización de saúde mental, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 11 de xuño de 2020

Julio García Comesaña
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Hospitalización de Saúde Mental.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Nº de vacantes totais: 1.