Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25421

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se anuncia a Resolución LD 4/2020 da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de supervisor/a de área de laboratorio.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde de 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e na Orde do 22 do abril de 2020, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de supervisor/a de área de laboratorio, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e os méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de xuño de 2020

Julio García Comesaña
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de Área de Laboratorio da Área Sanitaria de Vigo.

Procedemento de provisión: libre designación.

Nº de vacantes totais: 1.