Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25333

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (DCT 1624/2019).

No presente procedemento seguido por instancia de Raiza Guevara Fernández fronte a Gilberto José González Hernández, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xuízo de divorcio contencioso número 1624/2019.

Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

Sentenza número 116/2020.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio número 1624/2019 promovido pola procuradora Sra. Martín García, en nome e representación de Raiza Guevara Fernández, asistida do letrado Sr. Varela Balay, fronte a Gilberto José González Hernández, maior de idade, salientado en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Martín García, en nome e representación de Raiza Guevara Fernández, asistida do letrado Sr. Varela Balay, fronte a Gilberto José González Hernández, maior de idade, salientado en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio e, en consecuencia, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio contraído polos litigantes en data 23.11.2018 en Santiago de Compostela, inscrito ao tomo 125, páxina 87, sección 2ª, do Rexistro Civil desa localidade, transcorridos máis de tres meses de matrimonio rexendo entre as partes réxime de gananciais.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asinoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

E encontrándose o dito demandado, Gilberto José González Hernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza