Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Integraciones Muíños, S.L., para unha explotación porcina de ceba en Siador, no concello de Silleda (expediente 2019-IPPC-M-52).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, e consonte co sinalado na Orde do 27 de abril de 2020, pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, durante a vixencia do estado de alarma (DOG núm. 84, do 4 de maio), sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado: Solicitude de documentación do procedemento de revisión da autorización ambiental integrada Integraciones Muíños, S.L. - 2006/0397_NAA/IPPC_056 para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-52.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0397_NAA/IPPC_056.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Integraciones Muíños, S.L.

NIF: B94116001.

Localización da instalación: Fonte das Quenturas, Siador, 36540 Silleda (Pontevedra). Referencias catastrais: 36052V50120034, 36052V50100035, 36052V50100036, 36052V50100037, 36052V50100038.

Actividade principal: explotación porcina de ceba.

Descrición: a explotación está formada por un conxunto de 8 naves con capacidade para albergar 4.560 porcos de ceba.

O sistema de manexo empregado nesta explotación é todo dentro-todo fóra. Os leitóns chegan á explotación con aproximadamente 2 meses de vida e cun peso de 18 a 20 kg. O período de ceba ten unha duración aproximada de 4 meses, tras o cal os animais con 6 meses de vida e cuns 100-110 kg de peso son enviados ao matadoiro. Despois de cada ciclo de produción lévase a cabo a limpeza e desinfección das naves cun baleiro sanitario de 7 días. A limpeza lévase a cabo cun sistema de lavado a alta presión.

A totalidade do xurro producido na explotación será enviado a parcelas agrícolas. Para o almacenamento do xurro producido, a explotación conta cunha fosa exterior de formigón armado e cuberta, ademais de canles interiores nas naves. Proxéctase, ademais, a construción dunha nova fosa exterior de iguais características.

Verteduras: as augas residuais fecais procedentes do vestiario canalízanse á fosa exterior de almacenamento de xurro. As augas de limpeza das naves almacénanse xunto co xurro producido nas fosas interiores e, posteriormente, son conducidas á fosa exterior de almacenamento de xurro.

As augas pluviais non contan cun sistema de recollida e, polo tanto, son infiltradas no terreo onde se atopan as instalacións sen depuración previa.