Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4044/2020, 4052/2020 e 4053/2020, interpostos contra a Orde do 3 de xuño de 2019 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada.

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4044/2020, 4052/2020 e 4053/2020, interpostos contra a Orde do 3.6.2019 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que podan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2020

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismos