Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25113

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (463/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintee:

«Sentenza.

Vigo, 11 de decembro de 2019.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre desafiuzamento por precario co número 463/2018, promovidos por Promotora San Roque Vigo, S.L., representada pola procuradora Sra. Estévez Santoro e asistida do letrado Sr. Rodríguez González; contra os ignorados ocupantes do inmoble sito na rúa Ribadavia, nº 52, Vigo, en situación procesual de rebeldía...

Resolución

Estimando na súa integridade a demanda promovida pola representación de Promotora San Roque Vigo, S.L. contra os ignorados ocupantes do inmoble sito na rúa Ribadavia, nº 52, Vigo, debo declarar e declaro que é procedente o desafiuzamento do inmoble sito na rúa Ribadavia, nº 52, Vigo, e condeno os demandados a deixalo libre e expedito e á disposición da demandante; con expresa imposición das custas procesuais aos demandados».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos ocupantes, esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 5 de marzo de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza