Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Unión de Inversiones Miño, S.A. para unha explotación avícola destinada á cría e ceba de pavos no lugar de Vilela, no concello de Cualedro (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-124).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31.12.2016), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, e consonte o sinalado na Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante a vixencia do estado de alarma (DOG núm. 84, do 4 de maio), sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Memoria de renovación de autorización ambiental integrada.

Vilela.

Explotación gandeira de pavos.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-124.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0095_NAA/IPPC_141.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a, do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro

Titular: Unión de Inversiones Miño, S.A.

NIF: A32266264.

Localización da instalación: lugar Vilela, s/n, 32688 Cualedro (Ourense).

Referencias catastrais:

320295A50301986000HM

32029A50301988000HK

32029A503019920000HR

32029A503019950000HI

Actividade principal: explotación avícola de cría e ceba de pavos.

Descrición: a explotación está formada por un conxunto de 7 naves con capacidade para 78.702 pavos de cría e 46.440 pavos de ceba. As naves 1 e 2 albergan a fase de cría de pavo e o resto das naves son destinadas para a ceba.

Nas naves de cría, os paviños chegan cun día de vida e saen pasados 30-33 días ata as naves de engorda ou a clientes externos. Os pavos que quedan na propia explotación son trasladados ás naves de engorda para a súa ceba durante aproximadamente 100 días con saída ao matadoiro. O baleiro sanitario dura 15 días, tras o cal se inicia a preparación das naves coa repartición da cama para albergar un novo ciclo produtivo.

A totalidade do esterco producido na explotación será enviado a un xestor autorizado. Para o almacenamento do esterco producido, a explotación contará cunha esterqueira cuberta.

Verteduras: para as augas procedentes dos aseos e vestiarios da zona da nave de cría había un punto de vertedura procedente dunha fosa séptica, o cal foi anulado; agora esas augas residuais son enviadas a un depósito estanco para a súa posterior retirada por un xestor autorizado. Os efluentes procedentes dos aseos e vestiarios da zona de ceba son dirixidos conxuntamente xunto coas augas residuais da vivenda unifamiliar da explotación ata unha fosa séptica común para os dous fluxos de auga que depura a auga con infiltración posterior ao terreo.

As augas pluviais discorren pola parcela; para evitar a incorporación das augas de escoamento de chuvia procedentes do exterior do recinto da explotación existen desvíos de auga como cunetas perimétricas.