Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 5 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación en procedementos de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2020/00032 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder practicala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará logo de ditar a correspondente resolución.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 5 de xuño de 2020

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2020/00032

78797470E

J527345

AC-2020/00033

32722072H

X5749410P