Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25091

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021, 2022 e 2023.

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2020, 2021, 2022 e 2023, a través da Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro) axudas para a posta en marcha de casas niño.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian as axudas de investimento ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 20 de decembro, e no artigo 11 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

O 14 de marzo de 2020 publicase no Boletín Oficial del Estado núm. 67, o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Entre outras medidas, en virtude da súa disposición adicional terceira, quedaron interrompidos os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público na data de publicación do dito real decreto.

O 23 de maio de 2020 publícase no Boletín Oficial del Estado núm. 145 o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara do estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. De conformidade co disposto no seu artigo 9, continúa desde o 1 de xuño de 2020 o cómputo dos prazos administrativos suspendidos e, en virtude da súa disposición derrogatoria única, queda derrogada a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020.

Conforme o exposto, polo que se refire á Orde do 20 de decembro de 2019, o prazo de presentación de solicitudes establecido no referido artigo 10 finalizaba o día 18 de marzo e foi interrompido o día 14 de marzo de 2020. Levantada a suspensión dos prazos administrativos continúase o seu cómputo respecto dos días que restaban para finalizalo.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 10 da Orde do 20 de decembro de 2019, e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, considerarase que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 17 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a que producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer así, teranse por desistidas na súa petición, logo da resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Nº de

expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS 403C/2020-1

Gemma Fontela Campos

***8180**

No informe dos servizos técnicos municipais deberá quedar garantida a total independencia da actividade proxectada con respecto a outros locais integrantes do edificio situados na mesma planta. Así mesmo, en relación co cumprimento da DB-SI deberase garantir o cumprimento da sectorización do local con respecto a outros locais da edificación.

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS 403C/2020-2

Lucía Mosteiro Sigüenza

***7821**

Completar o anexo I cos datos e co enderezo da casa niño.

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde actualizado.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos tres últimos anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado ás características dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS 403C/2020-3

Ana Mª López López

***7655**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde actualizado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS 403C/2020-5

Estela Parajó Naveira

***4781**

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS 403C/2020-6

Mª Azahara Martínez

Gómez

***1004**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde actualizado.

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto especificando as características dos materiais de chan e paredes, o sistema de calefacción e os elementos de protección.

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS 403C/2020-7

Tamara Fraga Sotelo

***7674**

Completar a proposta pedagóxica tratando de maneira específica a alimentación, a hixiene, o descanso e a adquisición de hábitos de autonomía persoal desde unha perspectiva educativa e non contexto dunha casa niño.

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado ás características dunha casa niño.

BS 403C/2020-8

Raquel Borjas Pazos

***3151**

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS 403C/2020-9

Cristina Bargo da Silva

***9733**

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Descrición do equipamento e dos materiais didácticos que se empregarán no desenvolvemento do proxecto.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado a unha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

BS 403C/2020-10

Esther González Pato

***4228**

Emendar a solicitude (anexo I) asinándoa a persoa interesada ou acreditar a representación fidedigna da persoa representante por calquera medio válido en dereito.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos tres últimos anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado ás características dunha casa niño.

BS 403C/2020-11

Miguel Betes Figueiras

***4452**

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda, a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado ás características dunha casa niño.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento indicando a contía destinada a obras e a contía do equipamento segundo o establecido no anexo IV.

BS 403C/2020-13

Iria Villares González

***5559**

Completar a memoria descritiva na que se xustifique a necesidade e oportunidade de creación da casa niño apoiada na análise do contexto e na súa contorna.

Completar a proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.

Completar a memoria descritiva do inmoble, indicando a súa situación, a súa distribución actual e as reformas que se van acometer. No plano de distribución do estado reformado deberá indicarse a que se corresponde cada unha das estancias representadas e sinalar a localización de cada un dos equipamentos establecidos no artigo 4.1.c) da orde de convocatoria.

Completar a descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto no que respecta ao equipamento mobiliario e o material didáctico.

BS 403C/2020-14

Concepción Fernández López

***2913**

Completar a proposta pedagóxica básica abordando os contidos recollidos na convocatoria dende unha perspectiva educativa.

Completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Completar a memoria descritiva do inmoble con planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade.

Completar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, abordando as diferentes situacións de emerxencia que poden darse no contexto dunha casa niño.

BS 403C/2020-15

Zaira Fernández Taboada

***9438**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde actualizado.

Completar a memoria descritiva do inmoble detallando as obras de reconstrución e redistribución do local que se van a acometer.

Completar o informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde. Ao tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

BS 403C/2020-16

Laura Fernandez Lozano

***1672**

Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde.

No suposto de inmobles destinados a vivenda, este informe incluirá tamén a referencia ao cumprimento das condicións de habitabilidade; no caso de inmobles non destinados a vivenda a referencia será ao cumprimento dos requisitos establecidos no Código técnico da edificación (CTE), que lle sexan de aplicación.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo IV.

Completar e presentar de xeito independente os seguintes documentos:

Memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenos/as usuarios/as e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos últimos tres anos.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c).

Memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De terse que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado.

Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento de proxecto piloto, abordando diferentes situacións de emerxencia que se poden presentar no contexto dunha casa niño.

BS 403C/2020-17

Noemi González Álvarez

***3386**

Emendar a solicitude (anexo I) asinándoa a persoa interesada ou acreditando a representación fidedigna da persoa representante por calquera medio válido en dereito.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) dos tres últimos anos.

Proposta pedagóxica básica asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto piloto, contextualizada no modelo de servizo de casa niño, que en todo caso aborde os seguintes contidos: o período de adaptación, a alimentación, a hixiene, o descanso, hábitos de autonomía persoal e a programación xeral dunha xornada.