Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2018/480-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: ret. LMTA, LMTS LES805 (Estrada-Gradín 5).

Situación: A Estrada.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56 en tres actuacións:

1. 144 metros con orixe no apoio existente HV-1000/13 e final no apoio proxectado C-2000/14.

2. 235 metros con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio HVH-1000/12.

3. 13 metros con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio existente HVH-1000/12 (CT Outeiro).

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 289 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio proxectado C-2000/18. A instalación está situada no lugar do Outeiro, Moreira, no concello da Estrada.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente. IN407A 2018/480-4. Termo municipal: A Estrada (Pontevedra).

Denominación: ret. LMTA, LMTS LES805 (A Estrada-Gradín 5).

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36017K503002730000EG.

Polígono: 503.

Parcela: 273.

Lugar: Outeiro.

Cultivo: prado.

Afección: 6,20 m2 para servidume de paso, 1,44 m2 para cimentación e 15,8 m2 para servidume de rede terras apoio.

Parcela 2:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36017K506006440000EA.

Polígono: 506.

Parcela: 644.

Lugar: Veiga da Costa.

Cultivo: labor.

Afección: 0,19 m2 para servidume de paso, 1,96 m2 para cimentación e 14,86 m2 para servidume de rede terras apoio.