Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2018/478-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: adecuación LMTA MOS706 San Amaro no polígono Monte Faquiña.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56 en dúas actuacións:

1. 389 metros con orixe no apoio existente 1B/10 e final no apoio proxectado C-14/3000.

2. 17 metros con orixe no apoio proxectado C-16/1000 e final no apoio existente da derivación ao CT 36PFQ5.

A instalación está situada na zona do polígono industrial Monte Faquiña, Tameiga, no concello de Mos.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2018/478-4.

Término municipal: Mos (Pontevedra).

Denominación: adecuación LMTA MOS706 San Amaro no polígono Monte Faquiña.

– Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36033A033000840000SE.

Polígono: 33.

Parcela: 84.

Lugar: Faquiña.

Cultivo: agrario.

Afección: 362 m2 para servidume da LMTA.

– Parcela 2:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36033A033000750000SK.

Polígono: 33.

Parcela: 75.

Lugar: Faquiña

Cultivo: matogueira.

Afección: 291,33 m2 para servidume da LMTA.

– Parcela 3:

Titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga.

Referencia catastral: 36033A033000740000SO.

Polígono: 33.

Parcela: 74.

Lugar: Faquiña

Cultivo: agrario.

Afección: 1,69 m2 para apoio proxectado e 148,10 m2 para servidume da LMTA.

– Parcela 4:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36033A033002670000SR.

Polígono: 33.

Parcela: 267.

Lugar: Faquiña

Cultivo: improdutivo.

Afección: 1,61 m2 para servidume da LMTA.

– Parcela 5:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36033A033002680000SD.

Polígono: 33.

Parcela: 268.

Lugar: Faquiña

Cultivo: piñeiral.

Afección: 1,44 m2 para apoio proxectado e 6,16 m2 para servidume da LMTA.