Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24645

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4189/2019-IG).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 4189/2019-IG

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 358/2018 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

Recorrente: Manuel Remiseiro Gamallo

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Encofrados Gescon, S.L., Mutua Asepeyo, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61, Montajes Ganaderos, S.C., Francisco Míguez Lourenzo, Ángel Antonio González Fernández

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Balbino Irisarri Castro, Ana María Lois Gómez, Guillermo Amigo Estrada, Diego Garrido Rodríguez, Francisco José Lago Rodríguez, Diego Garrido Rodríguez

María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4189/2019-IG, seguido por instancia de Manuel Remiseiro Gamallo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Encofrados Gescon, S.L., Mutua Asepeyo, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61, Montajes Ganaderos, S.C., Francisco Míguez Lourenzo e Ángel Antonio González Fernández sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«Que con desestimación do recurso interposto por Manuel Remiseiro Gamallo, confirmamos a sentenza que con data do 22.4.2019 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos de Pontevedra e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de accidentes de traballo, Mutua Asepeyo, Mutua Fremap, Encofrados Gescon, S.L., Montajes Ganaderos, S.C., Francisco Míguez Lourenzo e Ángel González Fernández.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta T.S.X. de Galicia Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Encofrados Gescon, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza