Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 26 de maio de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes (expediente IN407A 2010/269-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, nos concellos de Lousame, Rois, Brión, Negreira, Outes e Mazaricos (expediente IN407A 2010/269-1), pola Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 3 de xullo de 2019, a favor da entidade beneficiaria Red Eléctrica de España, S.A.U., con enderezo en paseo Conde de los Gaitanes, 177, La Moraleja, 28109 Alcobendas, Madrid.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 21, 22, 23, 24 e 28 de xullo de 2020, no Concello de Mazaricos; o día 29 de xullo de 2020, no Concello de Negreira; e os días 30 e 31 de xullo de 2020, no Concello de Outes; para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Mazaricos, Negreira e Outes, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 10 de setembro de 2018, no BOP do 16 de agosto (corrección de erros publicada o 17 de agosto) e no xornal La Voz de Galicia do 28 de agosto, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das casas consistoriais dos ditos concellos.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 26 de maio de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña