Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 17 de xuño de 2020 Páx. 24231

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (DCT 425/2018).

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 425/2018, seguido por instancia de Evelyn de la Caridad Vidal Rodríguez, contra Omar Almeida Lahera, sobre demanda de divorcio contencioso no que se ditou sentenza o 12 de marzo de 2020, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza de divorcio número 352/2020.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 12 de marzo de 2020.

Vistos os presentes autos número 425/2018 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Otero, en nome e representación de Evelyn de la Caridad Vidal Rodríguez, como demandante, asistida pola letrada Sra. Losada, fronte a Omar Almeida Lahera, declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Evelyn de la Caridad Vidal Rodríguez e Omar Almeida Lahera, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LAC) ante este tribunal. Débese constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

Ourense, 21 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza