Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23970

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020 pola que se integra no corpo de profesores titulares de universidade a Consuelo Pita Calvo.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional segunda, dispón o seguinte:

«1. Os profesores titulares de escola universitaria que, no momento de entrada en vigor desta lei, posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente, e se acrediten especificamente no marco do previsto polo artigo 57, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade, nas súas propias prazas. Para a acreditación de profesores titulares de escola universitaria valorarase a investigación, a xestión e, particularmente, a docencia».

«2. Os que non accedan á condición de profesor titular de universidade permanecerán na súa situación actual mantendo todos os seus dereitos e conservando a súa plena capacidade docente e, de ser o caso, investigadora».

Unha vez comprobado o cumprimento pola persoa interesada dos requisitos establecidos consonte co disposto nas citadas disposicións adicionais e en uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades, e o Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:

Queda integrada no corpo de profesores titulares de universidade a funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria, pertencente a esta universidade, que se relaciona a continuación, quedando adscrita ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro que estivese no seu corpo de orixe:

Apelidos e nome

DNI

Área de coñecemento

Data de efectos da integración

Pita Calvo, Consuelo

**6325***

Química Analítica

3.10.2019

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses, de conformidade cos artigos 46 e 8.3 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela