Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23393

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial de proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a ampliación da capacidade da avenida da Deputación, no polígono industrial de Sabón.

De conformidade co disposto no artigo 118, da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Arteixo en sesión ordinaria celebrada o 28 de maio de 2020, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a ampliación da capacidade da avenida da Deputación no polígono industrial de Sabón, asinado por Isidro López Yáñez, arquitecto colexiado número 2261 e por Beatriz Blanco Lois, enxeñeira técnica agrícola colexiada número 1909, que tivo entrada no Rexistro Municipal o 14 de maio de 2020 baixo o número de rexistro 202099900001664. Así mesmo, acordouse someter a información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como a fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Numeración de

parcela

Referencia catastral

Superficie afectada (m2)

Titular

Clasificación urbanística

Situación básica do solo

Pleno dominio

Ocupación temporal

1

1062307NH4916S0001PG

104

--

Deputación Provincial da Coruña

Solo urbano consolidado

Urbanizado

2

1062306NH4916S0001QG

374

--

Deputación Provincial da Coruña

Solo urbano consolidado

Urbanizado

3

1062305NH4906S0001GA

390

--

Gallegas de

Mallas, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

4

0765504NH4906S0001YA

570

--

San Juan Activos Financieros, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

5

1062304NH4906S0001YA

414

136

RC Fil

Distribuciones, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

6

1062303NH4906S0001BA

18

--

Inversiones

Arteixo, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

7

1062302NH4906S0001AA

437

116

Inversiones

Arteixo, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

8

0765503NH4906S0001BA

493

--

Industrias de Noroeste, S.A.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

9

0569314NH4906S0001TA

1.887

1.329

Starcoproperty, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

10

1062301NH4906S0001WA

123

--

Carpintería Metálica Aluman, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

11

1062309NH4906S0001TA

270

--

Ferralla

Pastoriza, S.L.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

12

0359901NH4906S0001SA

211

--

Ramiro Angeriz Tuset/ María Rodríguez Rama

Solo urbano consolidado

Urbanizado

13

0359903NH4906S0001UA

657

118

Industria Diseño

Textil, S.A.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

14

0359916NH4905N0001TO

1.198

156

Industria Diseño Textil, S.A.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

15

0263303NH4906S0001LA

2.122

--

Industria Diseño Textil, S.A.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

16

0263306NH4906S0001MA

284

--

Supervisión y

Control, S.A.U.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

17

9962905NH3996S0001WS

24

--

Industria Diseño

Textil, S.A.

Solo urbano consolidado

Urbanizado

18

1062308NH4916S0001LG

62

Deputación Provincial da Coruña

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo, número 249, 3ª planta, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, a fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben, tentada esta, non se poida efectuar, sirva a presente de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Arteixo, 1 de xuño de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto 416/2020)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio