Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de xuño de 2020 polo que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/56/2013-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de decembro de 2019, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 13 de febreiro de 2018, en que se declaran ilegalizables as obras consistentes na instalación dun conxunto de construcións coas características propias dun uso residencial, no lugar de Curro do Rei, parroquia de Triabá, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Ana María Veiga Cabana, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística