Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23146

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto das obras de reparación e mantemento no edificio do Servizo de Mobilidade da Coruña (clave AC.18.002).

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto das obras de reparación e mantemento no edificio do Servizo de Mobilidade da Coruña. Clave AC.18.002 que ten as seguintes características:

– Obxecto: a elaboración dun informe técnico co fin de verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario así como a normativa técnica que resulten de aplicación para o proxecto, así como calquera outro informe de carácter técnico que en relación con este contrato de obras e durante a súa execución, sexa solicitado polo órgano encomendante.

– Os ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ser a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidad xurídica propia.

– Prazo de vixencia: a presente encomenda terá a duración estritamente necesaria para a elaboración do/s informe/s técnico solicitado/s, finalizando coa entrega destes e, en todo caso, coa finalización da execución das obras de referencia.

– Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

– Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos a prestar en desenvolvemento desta.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade