Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 11 de xuño de 2020 Páx. 23054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución de autorización para a ampliación do aproveitamento de recursos da sección A) denominada Penas do Cal número 46, no concello da Pastoriza, provincia de Lugo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo fai público que, o director xeral de Enerxía e Minas, asinou o 7 de maio de 2020 a resolución de autorización para a ampliación do aproveitamento da explotación que a seguir se describe:

Nome: Penas do Cal.

Número de expediente: 46.

Recurso: sección A), Caliza.

Termo municipal: A Pastoriza.

Titular: José Sanjurjo Construcciones, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 19 de maio de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo