Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 11 de xuño de 2020 Páx. 23055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de actuacións no Camiño Portugués, treito rúa Escurridía-Ponte Vella, no concello de Santiago de Compostela (clave AC/18/024.06).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 27 de febreiro de 2020, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de actuacións no Camiño Portugués, treito rúa Escurridía-Ponte Vella, de clave AC/18/024.06, no concello de Santiago de Compostela, por Decreto 44/2020, publicado no Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo.

Con data do 14 de marzo de 2020 publicouse o Real decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada por COVID-19, que posteriormente foi modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo.

A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, estableceu a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, incluídos os de contratación de obra pública e os procedementos expropiatorios. Con tal motivo, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou as instrucións do 17 de marzo de 2020 sobre o desenvolvemento da actividade da Axencia Galega de Infraestruturas ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, que determinou a anulación dos actos de levantamento de actas que estivesen convocados e a non convocatoria de novos actos.

Aínda así, a propia disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, dispón no seu punto cuarto que sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores, desde a entrada en vigor do presente real decreto, as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou sexan indispensables para a protección do interese xeral, ou para o funcionamento básico dos servizos.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o 3 de abril de 2020 (DOG núm. 69 bis, do 8 de abril), un acordo sobre a iniciación, continuación e aprobación de expedientes de contratación, e outro de continuación de procedementos de adxudicación de contratos e de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Dada a estreita vinculación entre os expedientes de contratación e os expropiatorios á necesidade de contar coa dispoñibilidade efectiva dos terreos para poder formalizar a acta de comprobación da implantación que determine o inicio da execución material dos traballos e a que probablemente o período estival sexa o máis favorable en canto á crise sanitaria derivada da pandemia COVID-19, a Axencia Galega de Infraestruturas ditou as resolucións polas que se acorda, en cada provincia, o inicio e a continuación de determinados procedementos administrativos de expropiación de terreos e bens afectados pola execución de obras competencia da Axencia ou que lle teñan sido encomendadas, ao abeiro do disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, entre as que se encontra o proxecto de construción de actuacións no Camiño Portugués, treito rúa Escurridía-Ponte Vella, de clave AC/18/024.06, no concello de Santiago de Compostela.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Santiago de Compostela.

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, rúa Airas Nunes, s/n, Conxo, 15702 Santiago de Compostela.

Data: 26 de xuño de 2020, das 10.00 ás 10.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estará exposta no Concello de Santiago de Compostela e no Servizo Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Web/Contidos/Aviso/aviso_0178.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados do levantamento das actas previas mediante notificación individual.

A ese acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntarán os documentos acreditativos da súa titularidade, e documento nacional de identidade (e, se é o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como o certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación e habilitado o crédito oportuno, procederá ao pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e das indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convocarase ao acto de formalización das actas de ocupación, o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e das indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e na data que se indican:

Termo municipal de Santiago de Compostela.

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, rúa Airas Nunes, s/n, Conxo, 15702 Santiago de Compostela.

Data: 11 de agosto de 2020, das 10.00 ás 10.30 horas.

No mesmo acto ofertaránselle aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, e advírtense os titulares de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Co fin de que os actos de levantamento de actas derivadas dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o protocolo de actuación que deberán respectar todos os asistentes aos actos. Para tales efectos, cómpre pór en coñecemento dos interesados as seguintes indicacións:

– Os interesados poderán confirmar a data e a hora fixada para a realización do acto ou, no caso de concorrer motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propor outro horario diferente para, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.

– No momento da atención, tanto o persoal da Administración e da asistencia técnica como o expropiado usarán máscara de protección, ou os sistemas de protección individual que nese momento sexan obrigatorios, e respectarán en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto dos sistemas de protección individual (EPI) que en cada momento determine a autoridade competente. Porén, disporán de EPI por parte da Administración no caso de que os expropiados non dispoñan deles.

– En caso de se detectaren posibles síntomas compatibles con COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

– Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para a realización do trámite.

– Establécese a obriga de permanecer no local de reunión o tempo estritamente necesario.

– Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios.

A Coruña, 26 de maio de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña