Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2018/X999/001284).

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 2 de marzo de 2020, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle da fachada costeira en Razo, previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Carballo. Este ten como obxectivos o axuste das aliñacións e a regulación de criterios compositivos e estéticos non regulados polo planeamento xeral para a recuperación paisaxística da fronte litoral de Arnados, segundo a documentación técnica presentada con data do 12 de febreiro de 2020 e asinada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (colexiada 3194 COAG); Miguel Ángel Abad Blanco (colexiado 1877 COAG); Antonio Deus Álvarez (colexiado 1875 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (colexiado 3877 COAG); é o promotor o Concello de Carballo.

Neste mesmo acordo acadouse, por unha banda, aceptar a alegación formulada polo titular da parcela coa referencia catastral 3731901NH2941N0001QW, presentada o 19 de xullo de 2019 e completada o 14 de agosto de 2019 co número de rexistro de entrada 201900000006738, e, por outra banda, rexeitar as alegacións formuladas polos titulares das parcelas coas referencias catastrais 3731905NH2941N0001FW e 3631802NH2941N0001FW, presentadas o 30 de agosto de 2019 (201900000007005) e o 11 de setembro de 2019 (201900000007251), respectivamente.

O documento aprobado definitivamente poderase consultar na páxina web do concello no seguinte enlace:

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

A normativa, neste caso os criterios de composición e estética contidos na epígrafe II.2 da memoria do estudo de detalle, publicarase no Boletín Oficial da provincia e remitirase o documento, debidamente dilixenciado, en formato dixital, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do regulamento da citada lei.

Carballo, 12 de maio de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde