Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22719

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4190/2019 MDM).

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4190/2019 desta sección, seguidos por instancia de Marcelino Lamas Piñón contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Nervión Montajes y Mantenimientos, S.L. (hoxe Nerion Industries Engineering and Services, S.L.), Mutual Midat Cyclops, Ibermutua Mutua Colaboradora coa Seguridade Social número 274 (entidade resultante da fusión de Mutua Galega e Ibermutuamur), herdanza xacente de Francisco Javier Rodríguez Amado-Talleres Cachaza y Auximet, S.A., sobre accidente de grao, se ditou sentenza, con data do 11 de maio de 2020, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimamos o recurso de suplicación formulado polo demandante Marcelino Lamas Piñón, contra a sentenza con data do 18 de maio de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol no procedemento 523/2017, seguido pola súa instancia, sobre revisión de invalidez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Nervión Montajes y Mantenimientos, S.L. (hoxe Nerion Industries Engineering and Services, S.L.), Mutual Midat Cyclops, Ibermutua Mutua Colaboradora coa Seguridade Social número 274 (entidade resultante da fusión de Mutua Galega e Ibermutuamur), herdanza xacente de Francisco Javier Rodríguez Amado-Talleres Cachaza y Auximet, S.A., confirmando a expresada resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80, no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a herdanza xacente de Francisco Javier Rodríguez Amado-Talleres Cachaza y Auximet, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza