Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22553

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 80/2020, do 5 de xuño, polo que se dispón que cese José Manuel Balseiro Orol como delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 28 e 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de xuño de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, e con efectos do día oito de xuño, José Manuel Balseiro Orol, como delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza