Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22552

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 79/2020, do 5 de xuño, polo que se dispón que cese Ovidio Rodeiro Tato como delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e nos artigos 28 e 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xuño de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, e con efectos do oito de xuño, Ovidio Rodeiro Tato como delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza