Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Majo I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Majo I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 17 de febreiro de 2020, Benito Santorun Calo e Rosa González Lago solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Majo I.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Gabriel Santórum González (***7006**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Majo I.

Situación:

Cuadrícula nº: 299.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 26.4.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Benito Santorum Calo (***1266**) e Rosa González Lago (***0588**).

Novo titular: Gabriel Santórum González (***7006**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e, de ser o caso, as súas prórrogas posteriores.

Vigo, 15 de maio de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo