Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de maio de 2020 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Mondoñedo e Ribadavia, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 4 de xuño de 2020, cómpre efectuar as seguintes modificacións:

Nas páxinas 22239 e 22433, nos sumarios, onde di: «Resolución do 4 de xuño de 2020...», debe dicir: «Resolución do 28 de maio de 2020...».

Na páxina 22446, na sinatura, onde di: «Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020...», debe dicir: «Santiago de Compostela, 28 de maio de 2020...».