Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 4 de xuño de 2020 Páx. 22430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Zas-modificación substancial (repotenciación do parque eólico Zas) (expediente IN661A 2018/2-1).

Mediante a Resolución do 22 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Zas-modificación substancial (repotenciación do parque eólico Zas), sito nos concellos de Santa Comba e Zas (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro de 2020).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os herdeiros de Alfonso Pastoriza Mourelle e Manuel Agapito Rodríguez Carril para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas