Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 4 de xuño de 2020 Páx. 22431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Touriñán III-2 (expediente IN661A 2011/13-4).

Mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Touriñán III-2, sito nos concellos da Estrada, Campo Lameiro, Cerdedo e Cuntis (Pontevedra) e promovido por Beltaine Touriñán, S.L. (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2020).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Manuela Picallo Cerviño, a Pedro Gómez Vázquez e a Ana Silva Marino para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas