Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/0218 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro dos actos que se notifican, xunto cos seus respectivos expedientes, atópanse á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. O dito prazo computarase desde que se deixe sen efecto a suspensión que establece a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 21 de maio de 2020

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2013/0218

AAB032576

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2014/0004

SC7486544

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2011/0093

CV301461

Resolución de cancelación da inscrición