Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 22067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Frades

EDICTO de aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

O Pleno municipal, en sesión do 15 de maio de 2020, adoptou o acordo relativo á aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Frades (expediente 2020/X999/000006).

De acordo co establecido no artigo 49 da Lei reguladora das bases de réxime local, sométese a información pública e audiencia dos interesados polo prazo de 20 días, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxestións, que serán resoltas polo mesmo órgano municipal.

No caso de que durante o devandito prazo non se presente ningunha reclamación ou suxestión, entenderase, conforme o dito artigo 49 da LRBRL, definitivamente aprobado o acordo inicial.

Frades, 27 de maio de 2020

Roberto Rey Martínez
Alcalde