Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 22066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de maio de 2020, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos número 3 e número 5 no dominio público portuario de Aguiño.

Ao quedaren dispoñibles no porto de Aguiño os departamentos nº 3 e nº 5 no dominio público portuario de Aguiño, ábrese convocatoria pública para a súa ocupación no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e as entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, nas oficinas da Zona Centro do ente público empresarial Portos de Galicia, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero en todo caso deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 19 de maio de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro