Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 22045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de maio de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Durán Loriga, núm. 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non achegaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

A Coruña, 22 de maio de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de solicitude

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

31612

F7264085

28.4.2020

31683

AO998956

28.4.2020

31895

152631366

16.3.2020

31815

088388637 (representante legal GG501821)

29.4.2020

31817

088388635 (representante legal GG501821)

29.4/2020

31943

Representante legal 004748186

29.4.2020

32166

K421066

29.4.2020

32250

AV819742

6.5.2020