Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 1 de xuño de 2020 Páx. 21806

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 27 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR924C).

BDNS (Identif.): 498567.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, ás entidades galegas no exterior, para a realización dos seguintes programas (PR924C):

– Programa A. Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das instalacións e/ou do patrimonio cultural.

– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as devanditas subvencións para o ano 2020.

Segundo. Bases reguladoras

Resolución do 26 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR924C).

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte e nove (29) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración